10 de dez. de 2010

Xuntanza do Consello Internacional do Foro Mundial de Educación en Santiago de Compostela

FME Temático Educación, Investigación e Cultura de Paz
12 de Decembro de 2010.  13h de Galicia (Sala de informática 7. Facultade de Ciencias da Comunicación. USC. Santiago)




Baixo a lema "Educación, Investigación e Cultura de Paz" celebrarase en Santiago de Compostela (Galicia) o Foro Mundial da Educación temático (FMEt) sobre "Educación, Investigación e Cultura de Paz", entre os días 10 e 13 de Decembro de 2010, sobre a base da Carta de Principios do Foro Social Mundial (FSM), con actividades autoxestionadas por organizacións e movementos sociais de todo o mundo.

O Consello Internacional do Foro Mundial de Educación (FME) apoiou desde o primeiro momento a realización deste foro temático en Santiago de Compostela e comprometeuse a promover a escala internacional a participación activa en todo o proceso preparatorio e na súa organización en decembro de 2010. O FME representa hoxe o sentir de persoas atraídas pola idea de articulación, intercambio e democratización de saberes e experiencias. O seu propósito é construír espazos para a creación colectiva dunha plataforma internacional, aberta e plural, en defensa dos eixos centrais da educación: pública, gratuíta, laica, obrigatoria, de calidade e que promova unha cultura de PAZ, soporte fundamental dos Estados verdadeiramente democráticos.

É por iso que o CI FME decidiu visibilizar este apoio cunha reunión en Compostela. Como non é posible garantir a asistencia da totalidade dos seus integrantes, optouse por unha fórmula mixta de reunión: presencial e virtual a través da rede de internet.

O sistema de comunicación virtual será SKYPE, e a dirección inicial de contacto  será albert_stepv. Quen non tivese instalado o programa pódeo facer desde http://www.skype.com. Nesta dirección está a guía de funcionamento da reunión por chat: http://almanaquefme.org/docs/chat_skype.ppt. A xuntanza celebrarase ás 13h de Galicia.

Orde do día / Pauta da reunión:
  • Breve informe sobre o CI FME e as actividades realizadas desde o último FME;
  • Breve informe do proceso do FME Compostela a cargo da representación do CO do mesmo;
  • Sobre o FME no Foro Social Mundial en Dakar 2011: Inscrición do FME no FSM 2011 (último día 15/12); Compartir información sobre as organizacións conectadas ou presentes que realizarán actividades autogestionadas en Dakar; Posibilidade de reunión do CI FME en Dakar;
A súa participación é fundamental para o desenvolvemento do Foro Mundial de Educación.

Un cordial saúdo

SECRETARIA EXECUTIVA DO CONSELLO INTERNACIONAL DO FORO MUNDIAL DE EDUCACIÓN

Nenhum comentário:

Postar um comentário