O xuíz Baltasar Garzón culminou a reunión cunha conferencia co ex director da UNESCO, Federico Mayor Zaragoza, sobre os “camiños de xustiza” para unha cultura de paz. O conflito dos controladores aéreos impediu á asistencia do alcalde de Donostia, Odón Elorza, ó encontro de edís no que participaron o de Santiago, Xosé Antón Sánchez Bugallo; de Sada, Abel López Soto; e de Tolosa, Jokin Bildarratz.
A Fundación Araguaney acolleu, durante o día de hoxe, unha xuntanza de Alto Nivel do Foro 2010 Compostela que trouxo a Santiago a grandes persoeiros de dentro e fóra das nosas fronteiras para dialogar sobre a Alianza de Civilizacións e a Cultura de Paz.
O ex-director da Unesco, Federico Mayor Zaragoza, da man do alcalde de Santiago, Xosé A. Sanchez Bugallo, o reitor da Universidade, Juan Casares Long e o secretario coordinador do Foro 2010, Manuel Dios, foron os encargados de inaugurar o evento. Os poñentes introduciron os temas - cultura de paz e alianza de civilizacións- que se debatirían, dende distintos eixos, ó longo do día e desculparon, con antelación, a ausencia dalgún dos conferenciantes previstos no programa por mor do conflito dos controladores aéreos.
A conferencia “Camiños de Paz e de diálogo” abriu a porta a tódalas mesas temáticas do día e, co director xeral de Casa África, Ricardo Martínez, coa directora de programación de Casa América, Julia Escobar e coa asesora executiva de Casa Árabe, Cristina Pensado, os asistentes ó encontro puideron introducirse nun intenso coloquio sobre a situación das distintas culturas representadas dentro do mundo occidental.

“África é a cuna da humanidade”, sentenciou Ricardo Martínez, quen expuxo unha visión dura e realista sobre o estado do sociedade africana tralo colonialismo sufrido ó longo da súa historia. O conferenciante reivindicou o dereito do continente a autoxestionar os seus recursos e ós seus habitantes sen mediación dos gobernos occidentais: “cando os africanos tomen as riendas, África terá futuro”. Asimesmo, aproveitou para louvar a capacidade dos cidadáns africanos para convivir pacificamente a pesar do multiculturalismo no que habitan e calificou ó continente como “un crisol de culturas que conviven e hai tolerancia entre elas”. Martínez criticou tamén os intereses económicos que xiran arredor da explotación dos recursos materiais en todo o territorio africano: “Ser pobre con recursos naturais é o escenario ideal para o clienterismo e a corrupción (...).Aprobouse unha axuda entre varios estados de 78.000 millóns de euros nun período de dez anos para levantar o continente africano. E a Irlanda déronselle 80.000 millóns nun día. ” Trala reflexión, invitou ós asistentes a “movilizarse” para que “a voz do pobo africano se faga escoitar”.
Pola súa banda, as representantes de Casa África e Casa América defenderon as intencións coas que traballaban nas súas respectivas entidades e os obxectivos que perseguían. “Poñer en contacto” á sociedade española coa americana e “ocuparse” especialmente dos países iberoamericanos son as premisas básicas coas que traballa a casa América. Cristina Pensado encargouse de defender, pola súa parte, a idea básica pola que se rexe a Casa á que representaba, que é a de “romper esa visión monolítica e uniforme do mundo árabe”.
Logo desta conferencia, os alcaldes de Santiago Xosé Antón Sánchez Bugallo; o de Sada, Abel López Soto; e o titular do concello de Tolosa, Jokin Bildarratz participaron noutra mesa redonda que, baixo o titulo de “O papel das cidades na construción da convivencia e a paz” puxeron en común os distintos puntos de vista acerca da cultura de paz en cada un dos seus territorios. O alcalde de San Sebastián, Odón Elorza, tamén estaba convocado para asistir a este acto pero, por mor do peche do espacio aéreo español, non puido chegar a Compostela a tempo.

Pola tarde, “A Sociedade Civil perante ós desafíos da axenda da paz” puxo fin ás mesas redondas do día coa convicción dos poñentes –entre os que se atopaban a presidenta de AIPAZ, Manuela Freire ou o presidente de AEDIDH, Carlos Villán Durán, entre outros- na capacidade da xuventude de hoxe para converterse no motor da cultura da paz de mañá.
O xuiz Baltasar Garzón, acompañado de Federico Mayor Zaragoza, pechou a xuntanza de alto nivel cunha conferencia sobre a xustiza como un “camiño” para alcanzar unha verdadeira cultura de paz. Ámbolos dous poñentes puxeron fin o encontro cunha reflexión sobre a alianza de civilizacións e a cultura de paz a través da xustiza.

Secretaría Xeral FORO 2010
Rúa do Valiño, nº13 Santiago de Compostela
Tlfo: 981 561956
Páxina web: www.foro2010.org
Máis información:
Manoel Santos (686 021933)
Jéssica Mouzo (671168043)
Ramóns Estévez (628754382)
Email: info@foro2010.org
Nenhum comentário:
Postar um comentário