Cando voltamos a vista atrás e facemos un percorrido pola historia de España, unha das épocas que nos marca é a guerra civil, un conflicto que partiu a España en dous bandos totalmente contrapostos e que acarreou unhas consecuencias humanitarias e económicas sin precedentes. Tanto é así que o país non recuperou a renta per cápita de preguerra ata 1965.
Se alguén pode ilustrarnos esta época é o debuxante madrileño Carlos Jiménez. Nado no barrio madrileño de Embaixadores, viviu en carne propia, sendo un rapaz, as consecuencias da posguerra, cando tivo que vivir nos fogares do Auxilio Social. De aí que en obras como Paracuellos, a dor se acentúe ó saber que esta historia é real. Esta obra amosa, baixo a mirada dun neno, os abusos de autoridade neses centros, o fanatismo relixioso, a falta de atención e cariño, fame e tristura.
Outra obra fundamental de Jiménez e pedra angular da exposición, é 36-39 (Viñetas de la historia de España), na cal explica en máis de 200 páxinas eses 3 anos de guerra e miseria ininterrompida.
A mostra celebraráse durante todo o mes de decembro e a súa inauguración terá lugar hoxe día 1 ás 11 e media da mañá na Biblioteca Ánxel Casal. A mostra componse de 41 obras enmarcadas, 5 paneis informativos e 17 cartelas e está ordeado por bloques nos que cada panel vai explicando a situación que se vivía en España en cada momento, a través dunha crítica dura e fundamentada, na que o relator non se posiciona, senón que aborda unha explicación dos erros cometidos e das penurias vividas.
Pero esta non será a única exposición a celebrar na biblioteca Ánxel casal, xa que tamén terá lugar a Exposición de Literatura Infantil e Xuvenil galega para a paz, coordinada por Pilar Sanpedro, responsable do programa de bibliotecas escolares da Xunta de Galicia. Nela faráse unha escolma de libros galegos subvenís nos que se tratará o tema da guerra e da paz e se convidará ó lector a achegarse a estas obras. Algunhas das obras máis salientables son: As flores radiactivas de Agustín Fernández Paz, Contos de Reis e de Nadal, de Miguel Vázquez Freire, Mil cousas poden pasar, de Jacobo Fernández e Irmán do vento de Manuel Lourenzo. Estos son libros abertos de gran formato, 2 metros de largo por 2 de alto, nas que se plasmarán nas páxinas centrais, textos, fichas, ilustracións, servindo ó lector como unha guía e ó mesmo tempo como unha invitación a buscar nos andeis da mesma biblioteca.
Nenhum comentário:
Postar um comentário