Ramón Estévez-. Esta tarde tivo lugar no Auditorio da Facultade de ciencias da comunicación, o plenario de peche do Foro Mundial de Educación, coas intervencións de Xosé Manuel Beiras, presidente da Fundación Galiza Sempre e membro do Consello Internacional do Foro Social Mundial; Ramón Moncada, director executivo de Conciudadana (Colombia) e membro do consello Internacional do FME; Francisca Sauquillo, directora do Movemento pola Paz, o Desarmamento e a Liberdade (MPDL) e Juan José Tamayo, director da cátedra de Teoloxía e Ciencia das Relixións da Universidade Carlos III de Madrid.
Xosé Manuel Beiras, na súa intervención, fixo referencia á involución política producida a partir de finais dos 70, , con dous persoeiros fundamentais: Ronald Reegan e Margaret Thatcher. Ademais, fixo referencia á crise que actualmente vivimos, unha crise sistémica difícil de entender para unha sociedade na que a información chega controlada polos poderes económicos, que á súa vez controlan ós poderes mediáticos.
Pola súa banda, Ramón Moncada, fixo referencia á diferenciación entre paz positiva e paz negativa, e resaltou os conceptos de xustiza social, democracia e cidadanía. Ademais tamén se referiu ás pezas interpretadas antes do comezo do plenario por xoán Curiel, na que unha delas facía un contrapunto entre modelo capitalista e humanista.
Francisca Sauquillo, foi máis alá ó sinalar que coa creación dos grupos de poder, G8 e G20, segue a haber paraísos fiscais, invírtese menos en gasto público e non hai un imposto global para as transaccións financieras. Ademais, Juan José Tamayo abogou polo diálogo interreligioso, xa que este é o foco central das guerras, que se producen normalmente por motivos religiosos e culturais.
Por último, Manuel Dios, secretario coordinador do Foro 2010, leu o Chamamento do FME e do Foro 2010, que foi aprobado por aclamación polos participantes.
Nenhum comentário:
Postar um comentário