1 de dez. de 2010

Prensa. Acreditacións

Os integrantes de medios informativos, xa sexan estes corporativos ou alternativos, poderán acreditarse deixando os seus datos e recollendo a súa credencial nos seguintes lugares e datas. Só as persoas xornalistas con esta credencial terán acceso aos diferentes espazos do foro.
  • Día 3 de decembro, 11:30 horas, no acto inaugural no Paraninfo da USC. Na mesa de información do Foro 2010.
  • Día 4 de decembro, dende as 9:30 horas, na xuntanza de alto nivel sobre Cultura de Paz. Na Fundación Araguaney. Na mesa de información do Foro 2010.
  • Días 7 a 15 de decembro, dende as 9:30 horas, no espazo de información instalado na Facultade de Ciencias da Comunicación. Nesta facultade haberá tamén unha sala de prensa.
Entrevistas con persoeiros participantes no Foro 2010

Aos diferentes eventos do Foro 2010 asistirán moitos persoeiros de interese, que chegan a Compostela invitados por decenas de organizacións, polo que o Comité Organizador do Foro 2010 non pode dispor da axenda de todos e todas. Xa que logo non podemos fornecer dun servizo de mediación para entrevistas, tendo os e as xornalistas que acudir aos diferentes eventos para isto. Poden consultar o programa actualizado en:
http://www.foro2010.org/images/programas/programa_foro2010_gal_def.pdf

No caso do Foro Mundial de Educación, existe unha listaxe de máis dun cento de actividades autoxestionadas con relatores e relatoras de moito interese. Invitamos a consultar o cadro de actividades e os contactos das organizacións por se desexan facer contactos previos:


Blog do Foro 2010

Un grupo de voluntarios e voluntarias xornalistas irán publicando crónicas, fotografías e outros contidos no Blog do Foro, que está en creación: http://axenciadeprensaforo2010.blogspot.com durante todo o evento. Os contidos publicaranse baixo licenza Creative Commons, puidendo usarse sempre coa obrigada cita dos autores e autoras.

CONTACTOS: MANOEL SANTOS (686021933); JESSICA MOUZO (-----------------)

Nenhum comentário:

Postar um comentário