3 de dez de 2010

Inaugurouse o Foro 2010, un evento global que convirte a Compostela na capital mundial da Paz

Foron varios anos  de traballo, de loita, de incertidume, pero dende que Compostela foi designada como sede do Foro 2010, son moitas as persoas que puxeron toda a súa ilusión  na organización dun acto de tanta relevancia mundial. Por fin, hoxe ás 12 da mañá, no Paraninfo da facultade  de Xeografía  Historia, tivo lugar a súa  inauguración con un acto protocolario, no que diversas personalidades da vida política e institucional española, galega e municipal, fixeron unha loubanza de dito Foro, destacando a necesidade de debater en clave de resolución de conflictos, xa que a palabra é a ferramenta que hai que utilizar para resolver os problemas, deixando fóra de xogo a violencia e a imposición.

Manuel Dios Diz, é o alma máter deste proxecto en Galicia. Como Presidente do SGEP (Seminario Galego de Educación para a Paz, e Secretario coordinador do Foro 2010), recalcou a relevancia que ten a celebración dun evento que ten lugar por primeira vez en Europa, e que demanda outro mundo posible, máis xusto, máis humano, no que a cultura da paz que defende este Foro sexa unha realidade. Ademais, fixo alusión á nova Lei de Fomento  de  Cultura da Paz de Galicia, que está en trámite no Parlamento. Por último, aludiu á presencia o próximo día 9, da Directora Xeral da UNESCO, Irina Bokoba.


Pola súa banda, Federico Mayor Zaragoza, ex director xeral da UNESCO e actual presidente do comité organizador, fixo unha dura crítica do sistema mercantilista no que vivimos, no cal os recursos económicos  están  concentrados  nun 20% de países. Este Foro debe ser un encontro global, debemos ser cidadáns do mundo, e rexeitar este tipo de sociedade inxusta e desigual na que vivimos, concluíu. Moitas veces, estas flagrantes desigualdades rematan en inxustas guerras, que debemos rexeitar de plano. Mayor Zaragoza cree que debemos levar a cabo esta transición histórica, nestos albores de siglo e de milenio, dunha cultura de violencia de guerra,  a   unha cultura de diálogo, conciliación, concordia e encontro.

Un dos colectivos   máis desfavorecidos por esta cultura de guerra e de imposición, onde impera a lei do máis forte, é o das mulleres. Vivimos aínda hoxe, aínda que cada vez avánzase máis en prol da igualdade, nunha sociedade patriarcal, na que non podemos falar de paz e xustiza sen asentar o concepto de igualdade. Así falaba Laura Seara, Directora Xeral do Instituto da Muller. Á súa vez, destacou os progresos que o goberno español levou a cabo coa Alianza de Civilizacións, na cal xa participan máis de 100 países. Por último, aproveitou o marco do Foro para anunciar o proxecto de lei para a igualdade de trato e   non discriminación por razóns de sexo, etnia, raza, idade e discapacidade.

Tralas intervencións, algunhas en serio perigo polas inclemencias metereolóxicas, que incluiron neve e xeadas, puidemos disfrutar da actuación musical da gaiteira Susana Seivane, que tamén se viu afectada polo inverno galego. Coas súas  pezas, co compromiso de loitar por unha sociedade que promova os valores da paz, e coa ilusión de que o Foro 2010 sexa un éxito de participación da globalidade do mundo, deuse por inaugurado un evento que ata o 31 de decembro contará con máis de 150 actividades autoxestionadas, outras moitas experiencias educativas e 3 Congresos nos que se debaterá arredor de información e dereitos humanos, Dereito humano á Paz, e Memoria de Guerra.


Nenhum comentário:

Postar um comentário