Manoel Santos-. O FME naceu porque non se podía entender o espazo do FSM como un proxecto político alternativo ao neoliberalismo, á globalización, sen ter en conta a súa dimensión pedagóxica. É sen dúbida o movemento popular -internacional- en defensa da educación, dunha outra educación, desmercantilizada, universal, de balde e emancipadora, máis grande da historia.
O vindeiro 3 de decembro inaugurarase no Paraninfo da Universidade de Santiago o Foro 2010, que será sen dúbida un dos acontecementos ao redor da educación e da paz máis importantes da historia de Galiza e de Europa. Sobre todo se temos en conta que unha boa parte del, que durará até o 30 de decembro se incluímos as moitas actividades culturais e artísticas paralelas, está rexido por organizacións da sociedade civil no formato do Foro Mundial de Educación (FME), verdadeira razón de ser deste macroevento.
O Foro 2010 (www.foro2010.org) é coma un gran paraugas que protexe, amais de eventos culturais e artísticos en toda a cidade, unha xuntanza de alto nivel sobre a Alianza de Civilizacións e Cultura de Paz, que o día 4 de decembro traerá a Galiza persoeiros como Federico Mayor Zaragoza, Odón Elorza, David Adams e Baltasar Garzón; e tres congresos académicos, con expertos de todo o planeta, que falarán da información e dos dereitos humanos, da necesidade de que Nacións Unidas codifique o dereito humano á paz -non incluído na declaración do 1948- e da memoria da guerra e os procesos de reconciliación. Por Compostela veremos pasar a Gertrude Mongella, presidenta do Parlamento Panafricano; a Irina Bokova, directora xeral da Unesco, e a Abdulaziz Othman, da Isesco árabe; a Mario Soares, ex presidente da República portuguesa; a Theodor Van Boven, antigo director da División de Dereitos Humanos da ONU, a Nicolás Sánchez-Albornoz, catedrático emérito da NYU, e moitos outros expertos na procura dunha cultura de paz.
Mais o cerne do Foro, como dicía, é o primeiro Foro Mundial de Educación temático que se celebra en Europa, que é a ponla educativa -e falamos de educación tanto formal como informal e non formal- do Foro Social Mundial (FSM). Un evento que se desenvolve autoorganizadamente, con centos de colectivos sociais e académicos implicados, e que vén de cumprir 10 anos dende que nacera en Porto Alegre.
O FME naceu porque non se podía entender o espazo do FSM como un proxecto político alternativo ao neoliberalismo, á globalización, sen ter en conta a súa dimensión pedagóxica. É sen dúbida o movemento popular -internacional- en defensa da educación, dunha outra educación, desmercantilizada, universal, de balde e emancipadora, máis grande da historia.
Entre o 10 e 0 13 de decembro, polo Campus Norte da USC veremos preto dun milleiro de altermundistas de máis de 40 países desenvolvendo unhas 130 actividades autoxestionadas.
Falarán do mundo, da paz e da educación; da ecoloxía, do capitalismo, do decrecemento e da guerra; dos dereitos humanos, da cidadanía planetaria e dos dereitos colectivos; do comercio xusto, da soberanía alimentar e do abuso das transnacionais; ao cabo, da cultura de paz como obxectivo. Asemade, tamén poderemos asistir á presentación de numerosas experiencias educativas, a varios concertos nos que se respirará interculturalidade, a actividades teatrais... todo coordinado por máis dun cento de voluntarios e voluntarias galegos e internacionais. Pagará a pena.

Nenhum comentário:
Postar um comentário