Ramón Estévez-. Non só hai que atreverse a saber, senón que tamén hai que saber atreverse. Así presentaba Federico Mayor Zaragoza, ex Director xeral da UNESCO, e Presidente do Comité Organizador do Foro 2010, ó xuíz Baltasar Garzón, titular da Audiencia Nacional.
O xuíz Baltasar Garzón está suspendido de forma temporal polo Consello Xeral do Poder Xudicial, por presunta prevaricación ó investigar os crimes do franquismo.
Por iso Federico Mayor falaba de que hai que saber atreverse, porque o xuíz Garzón, pese a todo, mantense na mesma idea. Hai que garantir a protección das víctimas, xa que son universais, e as súas familias e seres queridos teñen dereito a coñecer o seu paradero. Federico Mayor Zaragoza concorda co xuíz andaluz, e asegura que se ben debe haber unha xustiza de presente e de futuro, non debemos deixar impunes accións delictivas do pasado polo que reclama unha xustiza retrospectiva.
Foron moitos os conflictos que se sucederon ó longo da historia, moitos tiránicos xefes de Estado, e moitas persoas asesinadas, das cales non se sabe nada. Por eso Garzón reclama a necesidade de non deixar impunes estos delitos contra a humanidade e a Comunidade Internacional. Son claros expoñentes o dictador chileno Augusto Pinochet, e o arxentino Videla, que desenvolveu un goberno de terror dende 1976 ata 1983 coa desaparición de moitos nenos, que nunca foron atopados. Así naceron “Las Madres de la Plaza de Mayo” que aínda reclaman xustiza para un feito que por moitos anos que pasen nunca vai prescribir.
Desta maneira, ante un salón de actos da Fundación Araguaney cunha cantidade considerable de asistentes, púxose punto final á Reunión de Alto Nivel para a Cultura de Paz e Alianza de Civilizacións. O próximo martes, na facultade de Ciencias da comunicación, comezará o primeiro dos congresos, titulado “Información e dereitos humanos”.
Nenhum comentário:
Postar um comentário