Ramón Estévez Pérez-. Esta foi a pregunta clave que se puido facer na primeira das conferencias do derradeiro congreso que se está a celebrar no marco do Foro 2010 Compostela. Baixo o título “El pasado incómodo en el estado español, guerra, persecución, reconcliliación, fíxose unha reflexións arredor da situación que levou a este país a embarcarse nunha guerra civil que partiu a España en dous e que fomentou u odio entre os seus cidadáns.
Moderado por Lourenzo Fernández Prieto (USc), o congreso contou coas intervencións do profesor da Universidade de Zaragoza Julián Casanova, Javier Rodrigo da Universidade Autónoma de Barcelona (UAB), Gabriele ranzato (historia contemporánea, Universidade de Pisa), Pedro Ruiz Torres, universidade de Valencia e J.C Bermejo (USC):
O dereito a olvidar e o dereito a lembrar ás víctimas e un conflicto que marcou a historia contemporánea de España, foi a pedra angular de dita Mesa de Debate. En referencia a este aspecto, Julián Casanova fixo fincapé en que dende sectores do poder xudicial, do político, protagonizado polas dereitas, nunca se permitiu recuperar a Memoria e historia baseándose na amnistía e na ollada cara o futuro. Pero, ¿Por qué as víctimas dun dos bandos si puideron ser recoñecidas polos seus familiares e soterradas mentres que a mayoría das do bando republicano xacen en fosas comúns?
Non debe existir un dereito colectivo a olvidar, este debe ser individual, polo que precisamos con urgencia unha lei que regule este tema.
Pasaron máis de 70 anos dende o fin da guerra, pero aínda seguen abertas moitas fendas e todavía perdura o dano do franquismo. Aínda son moitas as familias que seguen sen saber nada dos seus antepasados que morreron loitando contra os golpistas, polo que as feridas non cicatrizarán ata que exista unha lei que permita a esas familias tentar saber onde están soterrados os seus.
Por último, Gabriele Ranzato, profesor da universidade de Pisa, que ademais provén dun país onde tamén tivo lugar un réxime de terror fascista, destacou que non foi nin en España nin en Italia onde tivo lugar a guerra civil con máis víctimas, enón que foi no país que en teoría é a cuna da democracia moderna, os Estados Unidos de América.
Posteriormente, tivo lugar unha Mesa de Debate similar, pero con Europa de protagonista.
Nenhum comentário:
Postar um comentário