4 de dez. de 2010

Preséntase en Compostela o Informe Mundial de cultura de paz 2010

Ramón Estévez-. David Adams, coordinador do Informe Mundial de Cultura de Paz 2010, e Oliver Rizzi, representante do equipo de redactores, presentaron no marco da Reunión de Alto Nivel do Foro 2010, celebrada nas instalacións da Fundación Araguaney, un informe no que levan traballando durante moito tempo, na mesa titulada “A sociedade civil, ante os desafíos da axenda da paz”

Dita mesa estaba formada polo propio David Adams, Oliver Rizzi, membro do equipo de redactores do Informe, Pío Rodríguez, ex director xeral da UNESCO, Carlos villán, presidente da Asociación española de derecho internacional de los derechos humanos (AEDIDH), Carme Freire, Secretaria Xeral do Sindicato Labrego Galego e Manuela Mesa, presidenta de AIPAZ.

Á hora de expoñer o Informe, David Adams explicou o carácter xuvenil do mesmo, xa que son as novas xeracións ás que deben construir unha nova sociedade, baseada na cultura de paz e afastada das guerras que asolan o mundo.

O informe consta de 8 áreas de acción, entre as que destacan, o traballo pola educación, a igualdade entre homes e mulleres, desenvolvemento sostible e participación democrática. Por último, criticou ós medios de comunicación en tanto en canto mostran moito máis interese por noticias belicistas ou accidentes, que polo traballo en prol da cultura de paz. Nestes intres están activos no mundo un total de 40 guerras, das que moitas están silenciadas por intereses económicos, políticos e mediáticos.

Con esta opinión concordaron a mayoría de poñentes. Pío Rodríguez, incidiu no multilateralismo e nos cambios estructurais que precista Nacións Unidas para ter influencia real na gobernanza da nosa época. É o capitalismo financieiro de alta especulación practicado polos países do Norte, máis concretamente do G20, o culpable de afogar e estreitar cada vez máis o cerco sobre os países do Sur, que paradóxicamente non son na mayoría dos casos, democracias consolidadas, ou nin sequera presentan esta forma de goberno.

Pola súa banda, Carlos Villán aproveitou para presentar o libro Contribuciones generales para una declaración universal del Derecho Humano a la Paz, e o congreso de Dereito Humano á Paz, que ten como obxetivo a redacción dunha declaración universal sobre esta temática.

Carme Freire, secretaria do Sindicato Labrego Galego, que aludiu á Soberanía Alimentar, foi máis alá ó poñer exemplos concretos desta situación de abuso político-económico das administracións estatais. Un ben natural como a auga, que debe ser de todos, vai ser privatizado polo goberno galego, polo que se convertirá nun privilexio para os ricos. A secretaria xeral, rematou reivindicando un mundo mellor posible, por e para as persoas.

Por último, Manuela Mesa, presidenta de Ceipaz e Aipaz, fixo un percorrido pola historia dos Centros de Investigación e educación para a Paz do ámbito estatal, e animou a seguir coitando por cambiar un mundo no que os conflictos se solucionan moitas veces de forma violenta, por utro no que a palabra e o diálogo sexan as ferramentas claves para a resolución de conflictos entre iguais.

Nenhum comentário:

Postar um comentário