7 de dez. de 2010

Colegas, rachando o estereotipo homoxesual

Joan Ortiz i Serra.- Se existe algo sumamente difícil de facer despois de que se colgou unha etiqueta, isto é descolgala. E máis cando a devandita etiqueta é un estereotipo creado pola mente da masa social.

Os gais: nin son eternamente novos, nin todos teñen un gran poder adquisitivo, nin son altamente formados nin teñen un loft na zona alta da cidade. Até, como ironiza Rafael Moral Escudero, presidente da Coordinadora de lesbianas, gais, transexuais e bisexuais de Galicia (a Colegas), non polo feito de que che gusten os homes, o teu corpo e mente experimenta unha metamorfose determinada nin che obriga a vestir unha marca concreta de roupa interior. É por iso que os gais, as lesbianas, os bisexuais e os transexuais loitan a cotío contra aquelas formas prototípicas que os encasillaron, tratando de demostrar que toda orientación sexual é igual de válida e que non debe ser esa un motivo de discriminiación.


Rafael Moral, quen intervén nun dos grupos de traballo simultáneos que se celebran o día 7 de decembro no marco do Congreso Internacional de Información e Dereitos Humanos, conta que o traballo da Colegas en Galicia consiste, esencialmente, en xerar espazos para que se poidan desmitificar os estereotipos xerados ao redor desta realidade e poida ser mellor comprendida. Todo, en aras dunha meirande convivencia e igualdade entre cidadáns e cidadás e para un maior respecto á diversidade.

Pola configuración xeográfica humana de Galicia, o traballo da Colegas céntrase máis ca nada no eido rural, onde as mentalidades seguen a ser máis conservadoras. E ataéo fenómeno da homosexualidade é considerado un tabú.

Con todo, rachar moldes sempre é complicado. E máis aínda cando o sistema económico pon da súa parte para que o estereotipo se reforce. A estabilización dun mercado especializado ééproba diso: feiras para homosexuais, hoteis, cafetarías, discotecas, bares de ambiente. Até feiras, até bebidas específicas ou uns xogos olímpicos non axudan á normalización e á integración de quen pertencen a este colectivo.

A Colegas denuncia esta discriminación positiva e asegura que, aínda que cada vez sexan máis os que se atreven a facer pública a súa orientación, máis se empeña o mercado en mantelos pechados no consumo do seu armario. Se a loita é árdua no campo, tamén o é na cidade. Osector poboacional europeo?, di Moral, "é coma o neno que aprende a ir en bicicleta e ao que aínda non lle soltaron as rodiñas. Cando chos quitan tes medo. Pero despois gozas moito máis".

Nenhum comentário:

Postar um comentário