Ramón Estévez-. Cando entramos nunha facultade de xornalismo, o que agardamos é o que se viviu hoxe no marco do Congreso de Información e Dereitos Humanos, encadrado no Foro 2010 compostela, e non o que podemos atopar no panorama mediático actual, unha sensación de autocomplacencia e desidia informativa que acompaña a unha gran mayoría de medios nacionais e internacionais, en prol duns intereses mediáticos, políticos e económicos determinados.
Se escoitamos ó arxentino pero afincado dende hai anos en Barcelona, Dardo Gómez, Secretario xeral do Sindicato de Federacións de Periodistas), (FESP), o único que podemos facer é acender todas as alarmas e preguntarnos moi seriamente que está acontecendo coa información de calidade, cales son os intereses ocultos que moven os fíos da información, e que papel ten a sociedade receptora da mesma. Ésta, na súa busca activa da información, dáse conta de que algo realmente negativo está a acontecer cos medios, o que queda exemplificado coa tasa de desconfianza nos mesmos, que alcanza un 40%. Este é un dato demoledor, ¿Por qué a sociedade non confía nas súas fontes mediáticas? Isto débese ás informacións sesgadas e interesadas que saen día sí e día tamén, á linguaxe belicista dos medios e a súa preferencia por noticias violentas que fanlle un fraco favor á cultura de paz que como cuarto poder deben promover. Porque hai que ser realistas, ¿como o poder da sociedade por excelencia pode estar dominado por pseudoxornalistas que desinforman e fan que os medios sobre todo os audiovisuais se convirtan en espectáculos deplorables? Hai que loitar por unha información veraz, completa e neutral nos medios públicos, mentres que nos privados hai que evita-la concentración mediática para evitar monopolios ou oligopolios informativos.
Moderado pola xornalista Montserrat Ponsa, este tercer plenario titulado Información e Dereitos Humanos contou tamén coa presencia do embaixador suizo de política e dereitos humanos, Paul Koller, quen aproveitou a súa intervención para solicitar a separación real do xornalismo como cuarto poder, dos outros 3 establecidos (poder político, poder executivo e poder xudicial). Ademais tamén incidiu na problemática actual dos medios, polos que somos bombardeados con informacións similares, moitas veces banalizadas e dunha maneira superficial. Isto débese á concentración empresarial e á financiación dos mesmos, que fai que o pluralismo e o contraste mediático brile pola súa ausencia.
Por último, Manuel Sánchez de Diego, profesor de Dereito Constitucional da Universidade Complutense de Madrid, fixo un alegato en prol de que a información debe estar regulada, polo que defende a existencia dunha lei de acceso á información pública en España que garanta que os individuos poidan ser parte activa na mesma e non meros consumidores de contidos informativos feitos por élites mediáticas e económicas.
Chegou o momento de cambiar as dinámicas informativas, agora só queda que estos bos propósitos sexan elevados ás redaccións e se faga un esforzo por devolverlle ós medios españois e internacionais a calidade nos seus contidos que merecen a sociedade nacional e o mundo global.
Nenhum comentário:
Postar um comentário