6 de dez. de 2010

Información e Dereitos Humanos, vindeiro evento os días 7 e 8 de decembro

Mañá martes, día 7 de decembro, GERTRUDE MONGELA, presidenta do parlamento panafricano, líder das mulleres africanas, inaugurará o CONGRESO INTERNACIONAL SOBRE INFORMACIÓN E DEREITOS HUMANOS no marco do FORO 2010 COMPOSTELA. Será ás 9:30 horas na Facultade de Ciencias da Comunicación, no Campus Norte.
A celebrar na Facultade de Ciencias da Comunicación da USC, este Congreso xorde do I Encontro Mundial de Información para o Cambio Cidadán, organizado pola Fundación Ciencias da Documentación en maio de 2008 na cidade da Paz (Bolivia), co que se pretende pór de manifesto a importancia do dereito e acceso á información, así como o uso das Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC) para a defensa e promoción de todos os Dereitos Humanos.

CONSULTE O PROGRAMA: galego | español

As inscrición online para o Foro 2010 e todos os seus eventos están xa pechadas. Existirá unha zona de acreditacións e novos rexistros na Facultade de Ciencias da Comunicación entre os días 7 e 15 de decembro. No entanto, se vostede precisa inscripción previa contacte con info@foro2010.org

Nenhum comentário:

Postar um comentário