Marta Sanz Lorenzo.- O medio ambiente leva tempo en CRISE debido as poderosísimas agresións que o ser humano leva poñendo en práctica, sobre todo, durante os últimos dous séculos; esto tradúcese nun perigoso crecemento da pegada ecolóxica que reduce sensiblemente os dereitos das xeracións futuras. A maioría dos problemas ambientais -a miúdo irreversibles-, como o esgotamento dos recursos, veñen dadas polo sistema neoliberal, obsesionado fortemente polo crecemento e que incita ás persoas a consumir ilimitadamente dende a infancia.
Como sinala Bauman, con esta “segunda modernidade” de consumidores, “a primeira e imperiosa obrigación é ser consumidor”. Este sistema ven dado, en palabras de Ramonet, polo “verdadeiro eixo do mal”: o FMI, o Banco Mundial e a Organización Mundial de Comercio, organismos que dende os anos oitenta impoñen a súas regras económicas ó conxunto das economías do planeta, que potencian, cada vez máis, as desigualdades e que, sen dúbida, están destinadas ó desastre.
Hai solución para a humanidade? As teorías do decrecemento son esperanzadoras, estas teorías promoven a minimización do consumo, a partir da autoproducción de bens e servizos, da autoxestión, das cooperativas de consumidores e “da busca dun proxecto alternativo (primacía da lóxica social frente ó consumo e a propiedade), repartición do traballo, ocio creativo, redución do tamaño de moitas infraestructuras, preponderancia do local frente ó global, sobriedade e simplicidade voluntario, redistribución dos recursos, etc.” (Carlos Taibo)
Non é máis, ó fin e ó cabo, senón recuperar moitas das tradicións das vosas avoas e avós, tradicións que avogan pola sostenibilidade e que fan posible outro mundo.
Nenhum comentário:
Postar um comentário