2 de dez. de 2010

Inaugúrase o Foro 2010 Compostela no Paraninfo da Facultade de Xeografía Historia

Mañá venres, día 3 de Decembro, ás 12 da mañá, dará comezo un evento que convertirá a Compostela no epicentro mundial da Cultura de Paz. O foro 2010 é un contedor de eventos e actividades a nivel mundial que xiran arredor desta temática, e que conta ademáis co auspicio das Nacións Unidas e da UNESCO entre outrras organizacións internacionais.

O acto inaugural, acollido polo Paraninfo da Universidade na facultade de Xeografía e Historia, arrancará coa actuación musical da galega Susana Seivane, que tamén será quen o clausure, e continuará coas intervencións do conselleiro de educación e ordenación universitaria, D. Jesús Vázquez Abad, a Directora Xeral do Instituto da Muller Dª Laura Seara, o Alcalde de Compostela, Xosé Antón Sánchez Bugallo, o Director Xerente do Xacobeo, Ignacio Santos Cidrás, o Director Xeral de Relacións Institucionais e parlamentarias D. Roberto Castro, o Reitor, D. Juan Casares Long, o ex director da UNESCO e Presidente do Comité Organizador do Foro 2010, Federico Mayor Zaragoza, a Directora Xeral de Casa Árabe, Dª Gema Martín Muñoz e o Secretario Coordinador do Foro 2010, D. Manuel Dios Diz.

Tralo acto inaugural, terá lugar un viño galego de confraternización e de celebración do inicio do Foro, no claustro da facultade.

Pola tarde, ás 17:30 horas, está prevista unha visita guiada ó MACUF da Coruña, para ver a exposición Frecuencias, culminando a xornada cunha conferencia ofrecida por D. Federico Mayor Zaragoza, e que leva como título “A responsabilidade da comunidade científica diante dos desafíos de hoxe”. Dita conferencia terá lugar ás 19:30 horas.

Co galo da inauguración estará aberto o prazo de inscripción á visita e á conferencia, que se fará efectiva no mostrador de información.

Nenhum comentário:

Postar um comentário