A mesa pretende ilustrar o amplo movemento social e cultural oposto á política lingüística do actual goberno conservador da Xunta de Galicia. Profesorado, alumnado e sindicatos de ensino; especialistas universitarios; editores e escritores consideran que a lingua propia da nación galega sufre un ataque sen precedentes que rompe o consenso lingüístico ata agora existente.
A maioría da sociedade oponse e mobilízase e teñen xurdido diversas plataformas cívicas para defender o galego dende distintos ámbitos e métodos. A mesa-redonda pretende divulgar entre os especialistas e activistas educativos de todo o mundo presentes no FME a denuncia das políticas regresivas que sufre o idioma galego.
Descrición: A mesa pretende ilustrar o amplo movemento social e cultural oposto á política lingüística do actual goberno conservador da Xunta de Galicia. Profesorado, alumnado e sindicatos de ensino; especialistas universitarios; editores e escritores consideran que a lingua propia da nación galega sufre un ataque sen precedentes que rompe o consenso lingüístico ata agora existente. A maioría da sociedade oponse e mobilízase e teñen xurdido diversas plataformas cívicas para defender o galego dende distintos ámbitos e métodos. A mesa-redonda pretende divulgar entre os especialistas e activistas educativos de todo o mundo presentes no FME a denuncia das políticas regresivas que sufre o idioma galego.
Ademais dos representantes de plataformas e organizacións defensoras do galego estarán na mesa: Anxo Louzao, responsable de ensino no sindicato CIG; Carme Adán, profesora de filosofía e deputada portavoz de Educación do Bloque Nacionalista Galego (BNG) no Parlamento Galego; Mª Pilar García Negro, doutora en filoloxía na Universidade da Coruña; Francisco Pillado, editor (Laiovento) e Teresa Moure, escritora.
Organizada pola Fundación Galiza Sempre (FGS) e a Confederación Intersindical Galega do Ensino (CIG-Ensino). Na aula 0 de Xornalismo, o sábado 11 entre 11:00 e 13:00h
Poñentes: Anxo Louzao, Carme Adán, Mª Pilar García Negro, Carlos Callón, Fran Rei, Xosé Henrique Costas, GalegoLab, Francisco Pillado, Teresa Moure.
Idioma: Galego
Outras informacións:
Colaboran: A Mesa pola Normalización Lingüística, Queremos Galego, Prolingua, GalegoLab.
Nenhum comentário:
Postar um comentário