A mesa achega argumentos a prol do dereito dos pobos a decidir libremente o seu futuro político como requisito indispensable para a paz, a resolución de conflitos e a relación igualitaria entre nacións soberanas.
Descrición: A mesa achega argumentos a prol do dereito dos pobos a decidir libremente o seu futuro político como requisito indispensable para a paz, a resolución de conflitos e a relación igualitaria entre nacións soberanas.
Abordarase a defensa da autodeterminación e a soberanía dos pobos no proceso do Foro Social Mundial, a experiencia das nacións sen estado europeas e os obxectivos da recentemente creada Rede Mundial polos Dereitos Colectivos dos Pobos. O nacionalismo galego presenta a súa experiencia internacional canda o catalán Carles Riera, integrante do Consello Internacional do FSM, e F. Eyyup Doru, que falará da experiencia do Kurdistán.
Organizada pola Fundación Galiza Sempre (FGS) e a Confederación Intersindical Galega do Ensino (CIG-Ensino). Agardámosvos no auditorio de Xornalismo o luns 13 ás 11:00.
Poñentes: Xabier Macías, Xesús Ramón González Boán, Iria Aboi, Carles Riera, F. Eyyup Doru
Idioma: Galego, castelán, catalán
Outras informacións:
Colaboran: Galiza Nova, CIEMEN/CONSEU, Kurdish Network
Nenhum comentário:
Postar um comentário